Friol acolle unhas xornadas para o empoderamento das mulleres

LugoXa | TerraChaXa
Gobernanza das mulleres no rural e nova ruralidades, eixos principais de debate, reflexión e formación
programa-charla-mulleres-rural-friol-portada
Cartel do evento
28 May 2024

Este venres 31 de maio, a partir das 11 horas, terá lugar o encontro Oportunidades e gobernanza das mulleres no rural, en Friol, no marco das xornadas de acción para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario.

Nesta sesión participarán María Ferreiro, responsable da Secretaría das Mulleres do SLG; Margarida Prieto Ledo, técnica no Sindicato Labrego Galego; e Concha Blanco Montecelos, vogal no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Despois dos tres relatorios da mañá farase un descanso para xantar e pola tarde terá lugar a última charla para rematar cunha visita á explotación Casa Bértolo.

As persoas que desexen participar deben inscribirse no 604 027 886.

A charla terá lugar no local da Asociación de Mulleres Rurais Fonte da Xonza, na praza de España.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18952178955078