Friol acollerá o luns o xogo de escape 'Os 10 Enigmas do Miño'

LugoXa | TerraChaXa
Ao remate da actividade, farase entrega de premios e realizaranse sorteos, ademais dunha homenaxe especial á Reserva da Biosfera Terras do Miño
xogo-de-escape-en-friol
24 Oct 2025

O vindeiro luns, 27 de outubro de 2025, a partir das 16:00 horas, celebrarase en Friol o xogo de escape ao aire libre Os 10 Enigmas do Miño: Desafío na Biosfera Terras do Miño, unha proposta lúdica e educativa que convida a descubrir os segredos naturais e culturais deste espazo único da provincia de Lugo. O punto de encontro será no Castro Friulio, situado fronte ás piscinas municipais.

A participación é totalmente gratuíta e as persoas interesadas poden inscribirse a través deste formulario, no teléfono 982 23 80 00 ou mediante o correo electrónico info@comarcadelugo.gal.

Ao remate da actividade, farase entrega de premios e realizaranse sorteos, ademais dunha homenaxe especial á Reserva da Biosfera Terras do Miño, recoñecida polo seu valor ambiental e polo labor de conservación do patrimonio natural. En caso de meteoroloxía adversa, o evento trasladarase ao Pavillón Municipal de Friol.

O xogo está organizado polo GDR Comarca de Lugo e Búskalo Juegos, coa colaboración do Concello de Friol e do CPI Doctor López Suárez, e conta co financiamento da Deputación de Lugo, a Reserva da Biosfera Terras do Miño e a Unesco, a través do seu Programa sobre o Home e a Biosfera.

⚙ Configurar cookies
0.072700977325439