Friol acollerá un encontro sobre comedores responsables e produtos de proximidade

LugoXa | TerraChaXa
A actividade comezará ás 17:00 horas e está aberta á participación de todas as persoas interesadas en coñecer e impulsar prácticas alimentarias máis respectuosas co medio e coa economía local
encontro-local-comedores-responsables
11 Oct 2025

O vindeiro mércores 15 de outubro celebrarase no Centro Colaborativo de Friol o encontro local Comedores Responsables Km0, unha iniciativa que busca promover unha alimentación saudable, o consumo de produtos de proximidade e un futuro sostible para os comedores da comarca. A actividade comezará ás 17:00 horas nas instalacións situadas na rúa Deputación, número 14, e está aberta á participación de todas as persoas interesadas en coñecer e impulsar prácticas alimentarias máis respectuosas co medio e coa economía local.

Durante a xornada abordarase a importancia de incorporar alimentos frescos e de orixe próxima nos menús colectivos, así como o papel que desempeñan os comedores escolares, sociais e institucionais na promoción dun modelo de consumo máis responsable.

As persoas que desexen asistir poden confirmar a súa participación a través do correo electrónico info@comarcadelugo.gal ou chamando ao teléfono 982 238 000. O encontro pretende ser un espazo de reflexión e colaboración para avanzar cara a un sistema alimentario máis sostible e comprometido co territorio.

⚙ Configurar cookies
0.10034894943237