Friol acollerá unha das tres plantas de biocombustible que Greenway fará en Galicia

TerraChaXa | LugoXa
O Grupo industrial Greenway investirá 62 millóns de euros na construcións dunha palanta e biocombustibles no municipio de Friol.
PLANTA biocombustibles friol greenay2
9 Mar 2022

O Grupo industrial Greenway investirá 62 millóns de euros na construcións dunha palanta e biocombustibles no municipio de Friol. A planta de produción de biocombustibles de segunda xeración (bio- GNL biohidrógeno), biofertilizantes e BIO-CO2, a partir de subproductos da actividade agrícola e gandeira da zona creará 92 postos de traballo directos e 65 empregos indirectos.

O municipio de Friol será o que albergue unha das tres plantas que xa teñen iniciados os trámites, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. As outras dúas plantas situaranse nos municipios de Xinzo de Limia e Agolada. Greenway ten prevista a construción de polo menos 10 plantas nos próximos 10 anos.

Esta planta situarase nunha superficie de 120.000 m2, dos cales se construirá nuns 60.000 m2, e a superficie restante serán zonas verdes. Estas parcelas están situadas aproximadamente á altura do punto quilométrico 51,200 da estrada CP 16-11, que une Friol con Begonte.

En todas as plantas espérase unha produción anual de polo menos 3000 m³ de gas biometano, con entrada dun millón de toneladas de subproductos ao ano. Nese sentido, téñase en conta que as plantas proxectadas por Greenway, dado o potencial de subministración de materia prima da zona, atópanse entre as máis grandes de Europa, o que permitirá ás zonas de implantación posicionarse como importantes produtores de enerxía verde e minorar a dependencia enerxética por contar, no seu propio territorio, con estas plantas produtoras de diferentes tipos de biocombustibles e biofertilizantes.

Grupo Greenway Bioprocesos (Greenway) impulsa actualmente en varias zonas da xeografía nacional, unha iniciativa para a construción de Plantas de produción de gas biometano e outros derivados (bio- GNL; hidróxeno verde; biofertilizantes…), a partir do procesado de subproductos das industrias gandeira e agroalimentaria, e de determinados biocultivos a producir nas zonas de implantación.

O proxecto en termos xerais, ten como principais características a súa gran circularidade, sustentabilidade e autosuficiencia enerxética, comprendendo varias actuacións interrelacionadas, que fan deste un Proxecto virtuoso desde as perspectivas ambiental, social, laboral e económica, cun marcado interese estratéxico para as zonas nas que se implanta.

Cada localización está seleccionada pola especial concentración de industrias gandeiras e agroalimentarias considerando varios factores como a cobertura ás industrias gandeira e agroalimentaria para a adaptación ás novas normativas reguladoras do adecuado tratamento dos seus subproductos, e incremento da súa competitividade; a produción de biocombustibles, que contribuirán a substituír aos combustibles de orixe fósil, e a diminuír a dependencia enerxética do exterior; a produción de biofertilizantes (presente e futuro da agricultura), que melloran aos fertilizantes químicos e os problemas que derivan da súa aplicación (saturación de nitratos nas terras, contaminación de acuíferos…); a creación nas zonas de implantación, dun determinado volume de agricultura para a produción de biocultivos, cuxas características serán a sustentabilidade, estabilidade e equidade; e a creación de emprego directo e indirecto de calidade, incluíndo iso a fixación de habitantes en contornas rurais con especial risco de despoboamento.

O presidente da compañía, Carlos Giménez, xunto co alcalde de Friol, Jose Anxo Santos, acompañados tamén de Roberto Pacios, responsable de Brumagreen (delegación de Greenway en Galicia), presentaron o proxecto esta mañá ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López.

Espérase que en abril poidan presentar o proxecto na Xunta de Galicia para que se emitan os correspondentes informes e poder así comezar as obras canto antes.

0.14574599266052