Friol acolleu baixo a chuvia unha nova edición da Andaina Popular
LugoXa | TerraChaXa
Trátase dunha actividade impulsada polo Concello e o CPI Doutro López Suárez e que ten como obxectivo potenciar o deporte na sociedade
23 sep 2024
Friol acolleu unha nova edición da Andaina Popular, que se adiantou ao mes de setembro e que estivo protagonizada pola chuvia, que restou algo de público.
Trátase dunha actividade impulsada polo Concello e o CPI Doutro López Suárez e que ten como obxectivo potenciar o deporte na sociedade. O percorrido foi de case sete quilómetros e arrancou dende a casa consistorial ata Cotá pasando polo Dolme da Moruxosa e polo Camiño Real. Todos recibiron unha camiseta conmemorativa.