Friol acolleu unha nova edición da Special Olympics

TerraChaXa | LugoXa
Friol acolleu a X Décima Edición da Marcha Ciclista Unificada, organizada pola Asociación Special Olympics Galicia.
especial olimpics friol
3 Oct 2022

Friol acolleu a X Décima Edición da Marcha Ciclista Unificada, organizada pola Asociación Special Olympics Galicia, que é unha asociación de nais e pais, profesionais e amigos de persoas con discapacidade intelectual, que traballan para promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte, o ocio, a cultura e o voluntariado.

Desde o Concello de Friol agradeceron a Special Olympics "que contaran por segundo ano co noso municipio para celebrar esta xornada deportiva enfocada a un sector da nosa poboación tan importante ao que desde as administracións debemos de darlle apoio e colaboración co obxectivo de que o día a día destas grandes persoas sexa mais doado".

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, tamén participou neste evento. Unha actividade que forma parte do programa deportivo que, anualmente, leva a cabo a entidade galega para promover a práctica deportiva entre as persoas con capacidades diferentes e á que a Deputación de Lugo achega 8.000€.

“A Deputación ten un compromiso claro coas políticas sociais, ás que dedicamos aproximadamente un terzo do noso Orzamento, e tamén co deporte. Un compromiso que, neste caso abarca, non só ós deportistas e aos clubes e entidade deportivas, senón que tratamos de atraer a Lugo a celebración de grandes probas de impacto galego, nacional e internacional como maneira de promocionar a nosa provincia”, sinalou García Pernas. O Deputado tamén puxo en valor o “exemplo constante” destes deportistas, dos adestradores e das súas redes de apoio, polo propio esforzo e desexo de superación.

Roberto García Pernas felicitou aos preto de 50 participantes da proba, que competiron nos equipos de Prodeme de Monforte, Aspanas de Ourense, Aspas de Santiago, Chamorro de Narón e Con Eles de Vilagarcía. Deulles os parabéns pola súa ilusión, porque segundo subliñou “as persoas valemos, non polo que somos capaces de facer, senón por aquelo que nos atrevemos a intentar. Dende logo, o voso esforzo cotián é un exemplo do que todos e todas debemos tomar nota para seguir mellorando como sociedade”.

A etapa celebrada en Friol tivo un percorrido de 24 quilómetros con saída e chegada ao campo de fútbol da Reigosa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20123410224915