Friol celebrará a Feira do Cabalo o 26 de maio
Friol volverá contar un ano máis coa súa popular Feira do Cabalo, que se desenvolverá o 26 de maio no Mercado Municipal con concursos de andadura serrada e galega chapeada.
A feira dará comezo ás 8.30 coa apertura do recinto feiral e a compra e venda de gando. Os concursos morfolóxicos terán o seu inicio ás 9.30. horas con cruzados, PRG, PRE e PRA. En todas as categorías haberá sección de poldros e poldras ata 2 anos e partir de dous anos para adultos.
Despois dunha sesión vermú e o xantar dará comezo os concurso de andadura tradicional galega e media hora despois de andadura libre, chapeada e serrada. Seguirán as carreiras de trote, a partir das 18.30 horas.
Finalizará a programación, ás 19.00 horas cunha xincana ecuestre de libre participación. Ademais, entre os asistentes á feira que veñan montando a cabalo, realizarase o sorteo dun poldro.
A xornada rematará coa entrega de premios, que serán de 150 euros o primeiro, 100 o segundo e 50 o terceiro para cada cadetorías. Ademais, nas de andadura, o cuarto e quinto clasificado terán un saco de penso de agasallo.