Friol celebrará a XII edición da Feira do Gando Vacún de carne o día 20

O Concello de Friol presenta o cartel da edición número doce da súa feira de gando vacún, que este ano se celebrará o sábado día 20 de setembro. Na presentación que tivo lugar este venres estiveron presentes o Alcalde de Friol xunto con outros representantes da corporación municipal, que estiveron acompañados por gandeiros das explotacións de Friol que achegan mostras de gando á feira.
Este ano celebrarase unha vez mais a poxa de gando, na que poderán participar todas as persoas interesadas, retirando previamente a súa tarxeta, para o que haberá un lugar habilitado, no que poderán inscribirse para participar na mesma.
O transcurso da feira, como en anos anteriores, terá lugar pola mañá no mercado municipal, finalizando coa entrega dos premios correspondentes e coa celebración das citadas poxas, que en esta duodécima edición é a terceira vez que se celebran, e un reclamo para os gandeiros que achegan cabezas á feira, e tamén un reclamo para a xente que visite Friol e a feira, e para todos os interesados en participar en este tipo de compra-venta de gando.
En esta feira, como nas celebradas en anos anteriores, o gando participante opta a premios en metálico e trofeos, que se dividen en diferentes categorías. Estas categorías son machos menores de 8 meses, femias menores de 8 meses, machos de 8 a 18 meses, femias de 8 a 24 meses, vacas e touros. Os premios económicos divídense en 150€ para o primeiro clasificado, 100€ para o segundo e 50€ para o terceiro posto. Hai un premio especial de 200€ que levará a gandaría que asista co mellor lote.
Ademais de estes 2.000€ que se reparten nas diferentes categorías, as gandarías asistentes recibirán unha prima pola asistencia dos seus exemplares, os cales permitirán que se poida observar unha gran diversidade de reses, mostras e calidades de gando vacún de carne de raza rubia.
Ademais, como novidade de este ano, haberá unha exposición de exemplares de razas autóctonas, como son a Frieiresa, Limiá, Caldelá e Cachena.
O alcalde de Friol, José Ángel Santos, resalta que “é a nosa obrigación apoiar o sector primario en xeral, e a gandería en particular, xa que é un dos sectores mais importantes do noso Concello e unha parte fundamental, e con esta feira pretendemos darlle maior visibilidade e apoio, e aproveito a ocasión para convidar a todas as persoas que queiran desfrutar de esta feira, a que nos visiten ese día”.