Friol conta con contedores de reciclaxe téxtil

LugoXa | TerraChaXa
Despois de asinarse un acordo entre o Concello de Friol, Cáritas Diocesana Lugo e Insertega (unha empresa galega de xestión de residuos especializada en textil), Friol xa conta con puntos de recollida de roupa.
3 Jan 2023

Despois de asinarse un acordo entre o Concello de Friol, Cáritas Diocesana Lugo e Insertega (unha empresa galega de xestión de residuos especializada en textil), Friol xa conta con puntos de recollida de roupa. Estes contenedores están ubicados en distintos puntos estratéxicos da capitalidade do municipio.

"Con esta iniciativa tratamos de dar cabida a unha petición de gran parte da veciñanza, que nos ven pedindo a instalación de este tipo de contedores, e tamén pretendemos así fomentar a reciclaxe e que dita actividade teña un impacto social na nosa contorna", explicou o alcalde, José Ángel Santos.

Este proceso de reciclaxe e reutilización da roupa é un modelo de economía circular, para tentar sacar o máximo rendemento aos recursos materiais mediante a súa reutilización e aproveitamento para outros usos, chegando a unha taxa de recuperación do 90% da roupa doada.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18391919136047