Friol contará un bus de ida e volta a Melide durante as festas

LugoXa | TerraChaXa
O autobús sairá os días 16, 17 e 18 de agosto ás 0.00 horas e terá a volta ás 6.00
autobus-friol-festas-melide
Cartel
12 Ago 2024

O Concello de Friol porá un autobús nocturno durante as festas de Melide desde a localidade ata a vila de ida e volta.

Esta acción ten como obxectivo ter maior seguridade vial nesta noite de festa.

Así, o autobús sairá os días 16, 17 e 18 de agosto ás 0.00 horas e terá a volta ás 6.00. Recollerá aos veciños entre a gasolineira e o Club Fluvial facendo parada en todos os bares.

Os que desexen usar este servizo de bus deberán inscribirse antes do venres 14 no correo xuventude@concellodefriol.es ou no teléfono 637 064 024.

O prezo será de 3 euros para empadroados e de 10 para non empadroados.

0.19931483268738