Friol licita dous proxectos de pavimentación e alumeado

TerraChaXa | LugoXa
Licitaranse obras de pavimentación de viais de acceso a varios núcleos, e de aforro enerxético en alumeado público por 100.000 euros.
obras caminos friol
10 Xuño 2021

O Concello de Friol licita as obras de dous proxectos importantes para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas e tamén para mellorar a iluminación no rural a vez que repercutirá en minimizar o gasto municipal en consumo de enerxía. Con estas actuacións pretenden, por unha parte, mellorar e acondicionar varias vías de acceso de tres parroquias, e por outra, realizar cambios no alumeado público de outras tres.

A primeira obra consistirá no acondicionamento e pavimentación de varias vías de acceso, entre as que se atopan a vía entre a parroquia de Carballo e o núcleo de A Casanova na parroquia da Rocha, unha vía de acceso a Prado, e outra vía de acceso a Castrodá, na parroquia de Vilalvite.

A segunda obra trátase de continuar coa execución de actuacións para conseguir un aforro e unha eficiencia enerxética nos alumeados públicos, en esta ocasión nos barrios de Cimadevila e Chao na parroquia de Narla, no barrio da Pena en Cotá, e tamén na parroquia de Ramelle.

Son dous proxectos importantes para a poboación de Friol, pois trátase de realizar melloras e mantementos de camiños municipais que benefician ás parroquias de Carballo, Rocha, Prado e Vilalvite, e en xeral a unha gran parte da veciñanza. E co cambio de luminarias preténdese conseguir unha redución dos costes enerxéticos e de mantemento redución de emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro, mellora na calidade lumínica, etc.

Todas estas actuacións traerán unha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes do municipio, pois a mellora de todos estes camiños e o cambio das luminarias, facilitará o acceso polos mesmos aos habitantes do Concello.

Para o equipo de Goberno isto é algo de vital importancia e no que traballan cada día e como di o seu alcalde Jose Ángel Santos “o noso traballo é conseguir que as nosas veciñas e os nosos veciños teñan a mellor calidade de vida posible e para iso tamén é importante ter en bo estado de conservación os accesos polos que teñen que circular cada día”.

0.13090205192566