Friol organiza de novo os campamentos de verán

LugoXa | TerraChaXa
O prazo para inscribirse en estes interesantes campamentos xa está aberto
campamentos-veran-friol
Cartel
16 Xuño 2024

O Concello de Friol segue apostando por fomentar o deporte e os bos hábitos entre a poboación máis nova. Para elo opta por celebrar este verán, a unha nova edición dos campamentos de verán, onde haberá unha gran parte da programación dedicada ao deporte con atletismo, teatro, movemento rítmico, deporte, piscina e xogos cooperativos.

O prazo para inscribirse en estes interesantes campamentos xa está aberto. Pode realizarse a inscrición nas oficinas do Concello de Friol, ou tamén a través do correo electrónico info@concellodefriol.es. As prazas cubriranse por orde de inscrición, e terán preferencia os veciños e veciñas de Friol, por diante dos non empadroados. 

Esta actividade de verán comezará o día 1 de xullo e rematará o 31 de agosto. Realizarase en horario de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas para os participantes con idades entre os 4 e os 14 anos.

Ademais, os xóvenes de 15 a 18 anos que queira participar como líderes voluntarios poden facelo de xeito gratuíto.

O prezo do campamento será de 60 euros ao mes para os veciños e de 40 para os irmáns. Para os de fóra o prezo sobe a 125 euros e 85 para irmáns.

Os prezos por semana será de 20 euros (10 para irmáns) e de 40 (25 para irmáns).

Haberá tamén servizo de madrugadores desde as 8.00 por un prezo de 20 euros adicionais por semana. Para poñelo en marcha será necesario un mínimo de 10 nenos.

0.087695837020874