Friol organiza un obradoiro para nenos nas mañás das vacacións escolares
O Concello de Friol organiza un ano mais os seus obradoiros de Nadal para os mais novos. En esta edición poderán participar nenos e nenas de Friol, dende os 3 ata os 12 anos.
Estes obradoiros darán comezo o luns día 26 de decembro e rematarán o mércores 4 de xaneiro. Serán en horario de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas.
Durante estas xornadas os participantes realizarán diferentes actividades, tanto manualidades relacionadas co Nadal, como tamén outras de tipo físico, para facer tamén algo de exercicio.
Levaranse a cabo nas instalacións que ten o Concello ao lado do centro escolar público, e que son as mesmas que albergan o servizo de madrugadores durante os días lectivos.
Para poder participar nos mesmos hai que inscribirse nas oficinas do Concello de Friol antes do próximo mércores 21 de decembro, e hai prazas limitadas, polo que se cubrirán por orde de chegada.
O alcalde friolés, Jose Á. Santos, indica que “faremos todo o que poidamos para axudar ás familias á hora de conciliar a vida laboral e familiar, pero sobre todo para que os nenos e nenas de Friol poidan desfrutar de estas actividades que tanto lles gustan”.