Friol prepara a súa Festa de Reis con inchables, xogos e sorteos
O Concello de Friol organiza a súa tradicional Festa de Reis un ano máis para todos os nenos e nenas do municipio e para as súas familias. Os máis cativos poderán gozar da cita que se celebrará, como vén sendo habitual, no pavillón municipal o día 5 de xaneiro.
Poderán asistir os nenos e nenas que recibiran nas súas casas a entrada para o festexo, que comezará ás 17.00 horas.
Durante a festa poderán entregar aos Reis Magos as cartas que escribiron para eles. Ademais, tamén poderán gozar de inchables, xogos, entrega de diplomas dos obradoiros de Nadal e poderán desgustar un chocolate con biscoito.
Esta proposta responde ao obxectivo do Concello que pretende que as familias volvan “desfrutar dunha xornada máxica e especial para os nenos e nenas de Friol, que tanto desfrutan desta Festa de Reis”, di Jose Ángel Santos, alcalde de Friol.