Friol prepárase para a Festa do Porco Celta, que volve este sábado tras tres anos
Un ano máis, a Festa do Porco Celta de Friol celebrarase no pavillón municipal de Friol e esta vez será o día 15 de abril, na que é a quinta edición. Recupérase así unha celebración que levaba tres anos parada pola pandemia.
De novo, participarán produtores deste animal que o que buscan é poñer en valor a calidade da carne deste porco de antiga raza e promocionar aos criadores da zona de Friol, xa que esta raza porcina é a única autóctona de Galicia de protección especial e en perigo de extinción.
Espéranse unhas bastante afluencia de público, como nestes últimos anos. Haberá unha cea, que constará dun menú baseado neste tradicional alimento, e unha orquestra que amenizará a noite.
O programa dará comezo ás 16.00 horas co campionato de tute. Este está reservado para as persoas que participen na cea e a súa inscrición é gratuíta.
Unha hora máis tarde cobrarán protagonismo as filloeiras de Muimenta, que elaborarán as súas filloas á pedra para a sobremesa.
Ás 21.30 horas dará comezo a cea, que contará con entrantes para despois comer caldo de osos e cocido de porco celta de menú.
O tickets para a cea xa están á venda ata o 9 de abril a un prezo de 25 euros con mesa reservada para os grupos numerosos. Ademais, realizarase un sorteo de produtos desta carne.
Para finalizar haberá unha verbena co grupo JB Son, con entrada libre.
Esta festa está organizada pola MCMC Carballo, Antonio Díaz de Guldriz e o Restaurante Roimil.