Friol prepárase para celebrar o Samaín este sábado
O vindeiro sábado 30 de outubro terá lugar en Friol a celebración do Samaín, cun conxunto de actividades para as que se recomenda caracterizarse.
A xornada, será no Castro Friulio, e comezará ás 16.00 co baleirado de cabazas, e despois un obradoiro, xogos castrexos e contacontos.
Ás 19.45 horas haberá a recepción do Druída seguida dun percorrido das ánimas pola poboación de Friol.
Posteriormente, ás 21.00 sucederanse unha pancetada acompañada de pan e viño mentres para os máis pequenos haberá un menú diferente. Logo darase chocolate quente con bizcoitos e ás 23.00 da noite farase a tradicional queimada con conxuro ata as doce, onde a esa hora darase por finalizado o Samaín.
Todos estes actos trasladaranse ao pavillón municipal en caso de chuvia, no que o aforo será limitado. Ademais, respectaranse todas as medidas sanitarias actuais