Friol rexistra un crecemento da súa poboación con respecto ao ano pasado

LugoXa | TerraChaXa
Durante o ano 2025 rexistráronse 201 altas padronais, fronte a 187 baixas, o que lanza un saldo positivo
vista-aerea-friol
19 Jan 2026

O Concello de Friol consolida a súa tendencia positiva de crecemento demográfico, segundo os datos do Padrón Municipal correspondentes á revisión ao 1 de xaneiro de 2026.

A poboación do municipio sitúase en 3.945 habitantes, o que supón un incremento de 14 persoas respecto ao 1 de xaneiro de 2025, cando se contabilizaban 3.931 veciños e veciñas. Do total actual, 2.064 son homes e 1.881 mulleres, reflectindo un crecemento equilibrado entre ambos os sexos.

Durante o ano 2025 rexistráronse 201 altas padronais, fronte a 187 baixas, o que lanza un saldo positivo que confirma "a capacidade de atracción e estabilidade residencial do municipio. Entre as causas destas variacións destacan 19 nacementos, así como 131 altas procedentes doutros municipios e 48 cambios de residencia desde o estranxeiro, datos que reforzan o dinamismo poboacional de Friol", din desde o Concello.

En canto ás baixas, contabilizáronse 68 defuncións, 108 traslados a outros municipios e 7 saídas ao estranxeiro, cifras que, pese ao contexto demográfico xeneral do medio rural, non impiden que o balance global sexa positivo.

Así mesmo, rexistráronse 24 cambios de domicilio dentro do propio municipio, "o que indica mobilidade interna e arraigamento da poboación no territorio" engaden.

Desde o Concello de Friol valórase moi positivamente esta evolución, o alcalde, José A. Santos, pon de manifesto o esforzo municipal por manter servizos públicos de calidade, fomentar o asentamento de poboación e mellorar a calidade de vida da veciñanza. "O crecemento poboacional reforza o compromiso do goberno local de seguir impulsando políticas que favorezan o desenvolvemento social e económico do municipio", di.

⚙ Configurar cookies
0.08024001121521