Friol vivirá o sábado unha nova edición da Feira do Gando Vacún de Carne

O Concello de Friol celebra este sábado a súa feira de gando vacún que contará este ano coa poxa de gando, na que poderán participar todas as persoas interesadas, retirando previamente a súa tarxeta, para o que haberá un lugar habilitado, no que poderán inscribirse para participar na mesma.
O transcurso da feira, como en anos anteriores, terá lugar pola mañá no mercado municipal, finalizando coa entrega dos premios correspondentes e coa celebración das citadas poxas, que en esta décimo segunda edición é a terceira vez que se celebran, e un reclamo para os gandeiros que achegan cabezas á feira, e tamén un reclamo para a xente que visite Friol e a feira, e para todos os interesados en participar en este tipo de compra-venta de gando.
En esta feira, como nas celebradas en anos anteriores, o gando participante opta a premios en metálico e trofeos, que se dividen en diferentes categorías. Estas categorías son machos menores de 8 meses, femias menores de 8 meses, machos de 8 a 18 meses, femias de 8 a 24 meses, vacas e touros. Os premios económicos divídense en 150€ para o primeiro clasificado, 100€ para o segundo e 50€ para o terceiro posto.
Hai un premio especial de 200€ que levará a gandaría que asista co mellor lote.
Ademais de estes 2.000€ que se reparten nas diferentes categorías, as gandarías asistentes recibirán unha prima pola asistencia dos seus exemplares, os cales permitirán que se poida observar unha gran diversidade de reses, mostras e calidades de gando vacún de carne de raza rubia.
Ademais, como novidade de este ano, haberá unha exposición de exemplares de razas autóctonas, como son a Frieiresa, Limiá, Caldelá e Cachena.
O Alcalde de Friol, José Ángel Santos, resalta que “é a nosa obrigación apoiar o sector primario en xeral, e a gandería en particular, xa que é un dos sectores mais importantes do noso Concello e unha parte fundamental, e con esta feira pretendemos darlle maior visibilidade e apoio, e aproveito a ocasión para convidar a todas as persoas que queiran desfrutar de esta feira, a que nos visiten ese día”.