Friol volveu celebrar unha multitudinaria Festa do Maior
LugoXa | TerraChaXa
Na celebración non faltou a festa, a conversa e o recoñecemento aos maiores do termo municipal.
16 Xul 2024
Un ano máis, xa van 31, o pavillón de Friol acolleu a celebración Día do Maior cun xantar no que participaron centos de veciños, que puideron desfrutar dun menú galego en plenas festas patronais.
Na celebración, patrocinada e organizada polo Concello de Friol, non faltou a festa, a conversa e o recoñecemento aos maiores do termo municipal.