FUNGATRA presentou en Lugo as actividades e proxectos que ten previsto desenvolver no 2025

LugoXa
Deste xeito, promoven a análise e mellora continuada das políticas de formación e facilitan asesoramento técnico para o seu desenvolvemento
Fungatra-Lugo
6 Nov 2024

A Fundación Pública de Formación para o traballo (FUNGATRA) presentou en Lugo as actividades e proxectos que ten previsto desenvolver no 2025 ante representantes de organizacións empresariais, entidades sociais, centros de formación e outros axentes que desenvolven accións de formación continua.

No acto, participou a xerente da entidade, Rosanna López Salgueiro, e contou tamén coa presenza da directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López.

Na Fundación participan a Xunta, a Confederación de Empresarios de Galicia e os sindicatos CCOO, UGT e CIG. A súa función céntrase na formación dos traballadores e traballadoras ao longo de toda a súa vida laboral, mellorando a súa capacitación profesional e promoción persoal.

Deste xeito, promoven a análise e mellora continuada das políticas de formación e facilitan asesoramento técnico para o seu desenvolvemento. Contan cunha web na que ofrecen información e recursos útiles para a mellora da empregabilidade.

0.13631391525269