Galicia brilla na Lotería de Nadal co segundo, terceiro e cuarto premio moi repartidos

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
O segundo premio, o 40014, repartiu 1.250.000 euros en Barbadás, e o terceiro, o 11840, deixa 3,2 millóns de euros en Galicia. Lugo destaca como unha das cidades máis afortunadas, xa que un quinto premio repartiu alí 60.000 euros e o terceiro, vendido nun estanco, deixou 1,25 millóns
loteria-coruña
Administración da avenida de Monelos, A Coruña
22 Dec 2024

Este domingo 22 de decembro, a Lotería ou o Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal 2024 distribuirá un total de 2.702 millóns de euros en premios, unha cifra que supera en 112 millóns á do ano pasado.

O evento, que se celebrará no Teatro Real de Madrid, conta coa emisión de 193 millóns de décimos. Este ano preparáronse 193 series, oito máis que en 2023, con 100.000 números por serie, o que eleva o total da emisión a 3.860 millóns de euros.

En canto aos premios, a contía mantense sen cambios. O famoso Gordo de Nadal, primeiro premio do sorteo, outorga 4.000.000 de euros por serie (400.000 euros por décimo). O segundo premio ascende a 1.250.000 euros por serie, mentres que o terceiro reparte 500.000 euros por serie.

Cabe destacar que os premios por décimo son:

  1. 400.000 euros
  2. 125.000 euros
  3. 50.000 euros
  4. 20.000 euros
  5. 6.000 euros

Os números premiados, polo de agora, son:

  • PRIMEIRO PREMIO. O Gordo deixa un total 4.000.000 en Logroño, co número 72480.

  • SEGUNDO PREMIO. O segundo premio, de 125.000 euros por serie, co número 40014, caeu en Barbadás (Ourense) na avenida de Celanova 120, onde repartiu 1.250.000 euros e, en Vigo na avenida Camelias 110, onde repartiu 750.000 euros.

  • TERCEIRO PREMIO. O terceiro premio, de 500.000 euros por serie, co número 11840, caeu en Ferrol, O Grove, Vigo, Viveiro, Meira, Lugo, Noia, O Porriño e Cortegada de Barros.

A maior parte do premio tocou na cidade Lugo nun estanco situado no número 492 da Avenida da Coruña. A administración vendeu 25 décimos, o que significa que tocaron 1,25 millóns de euros.

O terceiro premio foi repartido tamén en distintas localidades galegas. En Ferrol, na administración da estrada de Castela, onde vendéronse dez décimos premiados; en Viveiro, na administración da Praza Maior, 6, con outros dez décimos premiados vendidos (500.000 euros); e en O Grove, na administración A Centola Dourada, que repartiu un total de medio millón de euros con dez boletos gañadores. Tamén resultaron premiadas as administracións da Praza Maior, 14, en Meira; da rúa de Galicia, 35, en Noia; da rúa Bouza Brei, en Cortegada de Baños; da Porta do Sol, 12, en Vigo; e da rúa Ramón González, 7, en O Porriño.

  • CUARTO PREMIO. O primeiro cuarto premio, de 200.000 euros por cada serie, e baixo o número de 77768, premiou varios concellos galegos. Estes son Caldas de Reis, Santiago de Compostela, Vigo, Vilanova de Arousa, Monforte, Vedra, Ourense, Xinzo de Limia, San Cibrao e Teo.

Unha administración da Avenida da Coruña de Lugo vendeu un só décimo dun cuarto premio, o 77.768, repartindo así 20.000 euros, ao igual que aconteceu na administración da avenida de Monelos, na Coruña, onde vendeuse polo menos un décimo. Tamén en Monforte, no número 80-82 da rúa Calvo Sotelo, vendeuse un cuarto premio. Pola súa conta, a Libraría Catigas de San Cibrao, en Cervo, repartiu un total de 140.000 euros. En Mazaricos, el hotel Casa Jurgo repartió una fortuna con el cuarto premio.

Doutra banda, a administración Don Manolito do Centro Comercial de As Cancelas en Santigao de Compostela vendeu un dos cuartos premios.

O segundo cuarto premio, de 200.000 euros por cada serie, e baixo o número 48020, premiou en Culleredo, Vigo e O Grove.

  • QUINTO PREMIO. O primeiro premio dos quintos premios, que reparte 60.000 euros por cada serie, caeu en Lugo a primeira hora desta mañá co número 37876. Tamén outro quinto premio, o da serie 74778, reparte en Lugo, Foz, Ourense, Ponteleva, A Coruña, Vigo, Nigrán e Narón.

En total, o quinto premio deixou en Galicia 1.260.000 euros, a maioria en Nigrán, onde se vendieron un total de dez boletos do número 74778, que tamén deixa premios en Loterías Bafana, en Foz, onde foron impresos algúns dos boletos gañadores.

  • O terceiro, o cuarto, o quinto, sexto e séptimo dos quintos premios foron o 72853, 45456, 45225, 97345 e o 75143 respectivamente, ningún deles vendido en Galicia.
  • O derradeiro premio dos quintos premios é o 60622, que tocou en A Coruña na Praza Pontevedra e Ourense, na rúa do Paseo.
0.1761531829834