Galicia concéntrase este domingo contra o Plan Forestal da Xunta

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Plataforma Por un Monte Galego con Futuro convoca para o domingo, ás 12:00 horas, unha acción en demanda da paralización do Plan Forestal.
mobilizacion plan forestal xunta
19 Mar 2021

A Plataforma Por un Monte Galego con Futuro convoca para o vindeiro domingo, día 21 de marzo, ás 12:00 horas, unha acción descentralizada en demanda da paralización do Plan Forestal imposto polo PP; da adopción de medidas específicas, a través dun regulamento, para aplicar de maneira efectiva a anunciada moratoria do eucalipto, impedindo novas plantacións mediante o reforzamento das medidas de control e vixilancia e en defensa dun monte con futuro.

A moratoria do eucalipto anunciábase escasas horas despois de se aprobar o novo Plan Forestal Galego que a Plataforma ten denunciado, de forma reiterada, que "responde unicamente a intereses produtivistas e de carácter privado".

"Un plan que pon a ordenación dos usos do monte en mans das empresas madeireiras e forestais e deixa de lado o interese xeral, sen contemplar a necesidade de manter unha reserva ecolóxica de hábitats naturais e garantir así os servizos ecosistémicos dos montes galegos; fomenta o monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras e propón aumentar, aínda máis, a superficie ocupada por eucalipto, en detrimento das masas forestais autóctonas que apenas sufrirán incremento nos vindeiros 20 anos", din.

Para a plataforma este plan non fai máis que agravar a situación actual, "que o propio goberno galego recoñeceu co anuncio da moratoria para prohibir máis plantacións de eucaliptos".

Por iso demanda, con esta acción descentralizada que se desenvolverá en 22 localidades galegas, a devolución do novo Plan Forestal Galego ao Consello Forestal para realizar unha nova redacción axeitada ás necesidades do país e  na que poidan participar todas as organizacións relacionadas co monte e co medio rural.

ACCIÓNS DESCENTRALIZADAS

Na provincia haberá concentacións en :

  1. Lugo, diante do Edificio da Xunta de Galiza
  2. Becerreá, diante do Concello
  3. Chantada, Praza do Cantón
  4. Vilalba, Praza do Templete
mobilizacion plan forestal interior

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18768906593323