Gandeiros, consumidores e estudantes daranse cita en Lugo no congreso sobre o pastoreo e a gandería extensiva

LugoXa
A Vicepresidencia da Deputación impulsa a organización do congreso Territorios Pastoreados que terá lugar no Pazo de San Marcos e na Escola Politécnica Superior de Lugo
congreso-Territorios-Pastoreados
23 Ago 2024

A Vicepresidencia da Deputación impulsa a organización do congreso Territorios Pastoreados que terá lugar no Pazo de San Marcos e na Escola Politécnica Superior de Lugo do 18 ao 21 de setembro co apoio da área de Rural, Mar e Mocidade da Deputación. Gandeiros e diferentes profesionais do sector, así como consumidores ou estudantes, poderán participar nesta iniciativa que permite coñecer, informarse e debater sobre o presente e futuro do pastoreo e a gandería extensiva como unha actividade que mellora a sustentabilidade e contribúe á economía e á conservación dos ecosistemas.

Esta cita que conta con máis de 30 relatores de diferentes ámbitos e nos que hai conferencias, obradoiros, mesas redondas, proxeccións e visitas de campo. García destacou a importancia deste encontro formativo “que ratifica o compromiso da Vicepresidencia co noso rural. Con este congreso poranse de manifesto diferentes experiencias sobre a diversificación económica, o pastoreo e a xestión de montes, a adaptación ao  cambio climático ou a gandería como elemento de conservación, entre outros”.

O deputado de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Daniel García presentou xunto á Fundación Entretantos e a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) unha nova edición do congreso Territorios Pastoreados (TP7).  No acto tamén participaron a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, a presidenta da SGPF Isabel Gómez, o secretario da SGPF Joan Alibés e representantes de Ovica.

“Unha vez máis colaboramos coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes co obxectivo de avanzar cara modelos produtivos que aseguren rendas xustas para os gandeiros e gandeiras da provincia, así como para a conservación do territorio”, explicou o responsable da área. A área de Rural presentará ademais o programa Da Escola á Granxa o xoves, 19 de setembro, na mesa redonda “Avances en sostilidade social da gandería extensiva”.

Esta actividade, moderada pola presidenta da SGPF Isabel Gómez, contará tamén con representantes da Plataforma pola Gandería Extensiva e o Pastoralismo, da Universidad de Santiago de Compostela, da propia Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e de Acción Cuarto Mundo. A mesa está prevista a partir das 15.30 horas. Durante o congreso tamén se poderá visitar a mostra “Tras os ollos do pastor”, de Zacarías Fievet, pastor de alta montaña e autor das fotografías, así como dunha cata de carne da man de ASGAFON, Terneira Galega Suprema e Son de Lugo. As persoas interesadas deben realizar a inscrición previa a través do formulario que se atopa na páxinas web www.entretantos.org e www.ganaderiaextensiva.org

Programa completo

 

Mércores, 18 de setembro (Pazo de San Marcos)

16.00h. Obradoiro Internacional Biodiversidade e Pastoreo. ShepForBio e  Natureza Pastoreada
18.30h. Proxección do documental “Mulleres de Vento, Terra e Gando”

Xoves, 19 de setembro (Escola Politécnica Superior)
09.30h. Mesa Inaugural
10.00h. Mesa 1: Alianzas nacionais e internacionais para a gandería extensiva
12.30h. Mesa 2: Experiencias de sostibilidade ambiental para a gandería extensiva
13.30h. Cata de Tenreira Galega Suprema de ASGAFON
15.00h. Presentación da exposición “Tras os ollos do pastor”
15.30h. Mesa 3: Avances en sostibilidade social da gandería extensiva
17.00h. Visita ao matadoiro móbil da Xunta de Galicia

Venres, 20 de setembro (Escola Politécnica Superior)
09.00h. Relatorio marco: Diferenciación dos produtos e mapa de ganderías certificadas pola PGEP
10.00h. Mesa 4: Sostibilidade económica da gandería extensiva
12.00h. Mesa 5: Sesión “EscolleaTúaSala”: ferramentas para o impulso da gandería extensiva
13.30h. Cata de carne de cordeiro de Pastores e Galicia
16.00h. Conclusións do TP7 e lectura do manifesto “Pastoreo pola biodiversidade
16.30h. Reunión da Plataforma pola Gandería Extensiva e o Pastoralismo;
Herbivorismo Pírico: Pyrics Lab y AFClima”; mesa “A remuda xeración da
gandería extensiva en Galicia”

Sábado, 21 de setembro (Visita de Campo)
09.00h. Montes Veciñais en Man Común en Abadín e finca experimental Marco da Curra do CIAM

0.1890869140625