Gandeiros demandan o pago das débedas ao Grupo Santé en Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
Unións Agrarias fixo unha protesta ás portas da planta da antiga Tegestacín, actualmente propiedade do Grupo Santé.
concentracion gandeiros outeiro
8 Jul 2021

Unións Agrarias celebrou unha protesta ás portas da planta da antiga Tegestacín, actualmente propiedade do Grupo Santé, para denunciar os impagos que esta industria mantén desde hai catro anos con 11 gandeiros. A organización realizou un acto de bloqueo na entrada da factoría de Outeiro de Rei para denunciar a "intolerable" actitude da firma; que adebeda un total de 105.000 euros por leite entregado.

Unións Agrarias considera intolerable que a actitude desta empresa; "que está a retrasar o pagamento valéndose dun emprego torticeiro dunha cláusula contractual segundo a cal os gandeiros deberían recorrer á Corte de Artibraxe para reclamar a débeda pendente. Un procedemento que sae caro e cuxo custo os afectados deberían asumir do seu peto. Motivo polo cal os produtores teñen desistido ata o de agora de recorrer a esa vía".

“Desde Unións decidimos asumir do noso peto o custo de dous casos como un aviso; pero se non se saldan todas as débedas pendentes non imos parar”, explicou o secretario de Coordinación Sectorial de UUAA; que esixiu “o pago inmediato ao grupo que se ten feito cargo de Tegestacín, e polo tanto é responsable das débedas pendentes”.

Unións Agrarias lamenta a política que están a seguir os actuais xestores desta planta, que “por desgrazas non parecen ir na vía de solucionar os problemas”. Nesa liña, a organización tamén denuncia a venda de leite Santé a 0,49 euros. “Non é entendible que se poida comercializar leite a ese prezo. Algo se está facendo mal para que iso sexa posible”.

UUAA insta á empresa a axilizar unha solución. Algo especialmente urxente no momento actual; cando os baixos prezos de venda do leite e o aumento dos custos de produción sitúa ás explotacións galegas nun contexto de rendabilidade cada vez menor. A organización denuncia os comportamentos mafiosos que afogan aos gandeiros e atentan contra o cumprimento da Lei de Cadea Alimentaria. E insta á administración a tomar cartas no asunto e a non conceder axudas públicas a industrias que, como Santé, teñen pagos pendentes con gandeiros.

0.12013483047485