Gatos Roxos denuncia o estado intransitable de dúas rúas do barrio das Gándaras
LugoXa
O colectivo insta ao Concello a actuar nas rúas da Rola e Papo Rubio, ante as numerosas fochancas que presentan os dous viais
27 Mar 2021
A asociación Gatos Roxos denuncia o estado dalgunhas rúas do barrio das Gándaras, en Lugo. Refírense especialmente ás rúas da Rola e Papo Rubio, onde aseguran que hai numerosas fochancas que fan os viais practicamente "intransitables".
O colectivo veciñal asegura que levan moito tempo agardando por actuacións nestes viais e insta ao Concello a contratar as repavimentacións prometidas.