Germán Díaz percorre o mundo coa súa zanfona
Germán Díaz viaxa por medio mundo difundindo o instrumento e apoiando que Lugo sexa a capital Europea da Zanfona.
O músico valisoletano, fincado en Lugo, Germán Díaz, acaba de volver dunha xira pola India, onde difundiu a zanfona e as músicas tradicionais, e onde colaborou tamén con músicos indios nun irmandamento musical de diferentes culturas.
Hai dous meses estivo a traballar nun proxecto musical en Cuba, xunto ao virtuoso croata Filip Novosel, organizado polo FAJ da embaixada Suíza en Cuba e a Delegación da Unión Europea en Cuba.
En novembro viaxará a Portugal e Irlanda e en xaneiro do 2025 unha nova residencia artística en India levarao a gravar o seu próximo disco xunto a Benxamín Otero, na selva de Kerala -á vez que participará no Festival de Literatura de Kerala, difundindo o coñecemento da zanfona por todo o mundo.
Desde Lugo, capital Europea da zanfona, viaxou recentemente a Inglaterra, ao National Centre for Folk Arts -Halsaway Manor- para impartir o seminario European Ensemble Weekend, xunto ao sueco Mikael Marin -Väsen-, e os alemáns Matthias Branschke e Merit Zloch, onde traballaron adaptacións de temas tradicionais ibéricos para zanfona e outros instrumentos.
En maio participou nunha experiencai musical en Cuba. Tamén en maio participou nas VIII Xornadas Cervantinas, na Orotava -Tenerife-, cunha conferencia concerto sobre a zanfona na época do Quixote.
Baixo o título de ‘Historia da zanfona e a súa importancia na época de Cervantes’, a velada será o broche de ouro á edición de 2024 das Xornadas Cervantinas que, un ano máis, difundiron a obra e contorna histórico do Século de Ouro español do que o autor do Quixote é un dos máximos expoñentes. Chárlaa concerto de Germán Díaz servirá para comprender mellor esta época e os escritos cervantinos, pois dabondo é coñecido o gusto deste autor polas cancións e a música populares.
En xuño participou no Festival India en Concerto, xunto á bailarina Mónica de la Fuente e a cantante India Vidya Shah o 22 de xuño, CC Miguel Delibes, Valladolid e o 26 de xuño, no Festival Internacional de Música de Selecta -Huerta de San Vicente (FEX Selecta) 22:00 h.