Goberno, en Castro de Rei, celebra as festas na honra a San Martiño os días 24 e 25 de maio

LugoXa | TerraChaXa
O domingo 25, continuará a celebración coa actuación do grupo Os Valuros
festas-en-goberno
19 May 2025

A parroquia de San Martiño de Goberno, no concello de Castro de Rei, prepárase para vivir con entusiasmo as súas tradicionais festas na honra a San Martiño, que se celebrarán os vindeiros días 24 e 25 de maio.

O sábado, a programación dará comezo ás 13:30 horas cunha misa solemne, seguida da sesión vermú e unha verbena a cargo da orquestra Ritmo Joven. Xa pola tarde, a partir das 17:30 horas, os máis pequenos e pequenas serán os protagonistas da festa infantil, amenizada por Total Sport.

O domingo 25, continuará a celebración coa actuación do grupo Os Valuros e, ás 13:30 horas, celebrarase de novo misa solemne. A xornada culminará cunha animada sesión vermú a cargo do dúo Epo-K.

As festas desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, garantindo así o desfrute de todos e todas, sen importar as condicións meteorolóxicas. Esta celebración conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei, da Deputación de Lugo e de varias empresas locais.

⚙ Configurar cookies
0.37927603721619