Gómez Besteiro visita o novo centro de servizos sociais de Lamas de Prado
LugoXa
O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visitou hoxe en Lugo o novo centro de servizos sociais de Lamas de Prado.
25 Abr 2023
O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visitou hoxe en Lugo o novo centro de servizos sociais interxeracional de Lamas de Prado acompañado pola alcaldesa, Lara Méndez; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.
Na visita, o delegado destacou a aposta que fai o Concello de Lugo pola sostibilidade na construción dos edificios públicos. Gómez Besteiro subliñou que Lugo é referente en España e en Europa en urbanismo sostible grazas a edificios como o de Lamas de Prado, de consumo enerxético case nulo que emprega a madeira como principal elemento estrutural.