Gran acollida na IV Gala Benéfica de Danza a favor da AECC en Lugo
O auditorio Fuxan os Ventos acolleu a IV Gala Benéfica de Danza a favor da Asociación Española contra o Cancro (AECC), organizada polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, centro dependente da Xunta de Galicia.
O evento contou coa presenza do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen puxo en valor o talento e a solidariedade do alumnado participante.
Durante a gala, actuaron os alumnos e alumnas do Grao Profesional de Danza do CDAN, quen estiveron acompañados polo Ensemble de clarinete do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, también dependente da Administración autonómica. As diferentes interpretacións artísticas conquistaron ao público asistente, que se mostrou entregado durante toda a xornada.
Javier Arias destacou "a solidariedade e o enorme talento" dos estudantes, ademais de subliñar "o excelente labor educativo e de dinamización cultural que estes dous centros profesionais exercen na provincia". O delegado territorial amosou a súa satisfacción porque "as nosas escolas de música e danza participen activamente na programación do novo auditorio".
A gala, ademais do seu obxectivo solidario, reafirma o compromiso do Conservatorio Profesional de Danza e do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes coa cultura e a formación artística na provincia de Lugo.