Gran éxito da primeira xornada solidaria en favor da Asociación CTNNB1 en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
O evento reforzou os lazos comunitarios e promoveu un espírito solidario e de apoio mutu
xornada-solidaria-ctnnb1-outeiro
Un momento da xornada
29 Xuño 2024

A Asociación CTNNB1 celebrou o sábado 29-6-24 en Outeiro de Rei un acto solidario, co obxectivo de recadar fondos e concienciar sobre a condición xenética CTNNB1, que afecta a moitos nenos e familias de todo o mundo. A xornada estivo caracterizada por un ambiente festivo e unha gran participación da veciñanza e dos visitantes da contorna.

O evento comezou cunha carreira solidaria, dividida en dúas categorías: unha para adultos e outra para nenos. A carreira de adultos comezou ás 11:00 horas da mañá, levando aos corredores polas rúas de Outeiro de Rei. Os nenos tamén tiveron o seu momento especial, cunha adaptada á súa idade e capacidade. Por último, para os que non se sentían con ánimos para correr, tamén celebrouse unha andaina popular. Todas as probas contaron cunha gran participación e un admirable espírito deportivo.

Tras as carreiras tivo lugar a entrega de premios, onde os gañadores recibiron medallas e trofeos en recoñecemento ao seu esforzo e dedicación. Ademais, todos os participantes recibiron un agasallo conmemorativo como agradecemento pola súa participación e apoio á causa.

A xornada continuaría cunha sesión vermú e comida popular, onde os asistentes puideron gozar de comida nun ambiente de compañeirismo e solidariedade. Pola noite, a celebración finalizaría cunha cea popular que volveu reunir á comunidade, seguida dun animado DJ set.

O evento non só cumpriu o seu obxectivo de recadar fondos para investigación e apoio ás familias afectadas polo CTNNB1, senón que tamén reforzou os lazos comunitarios e promoveu un espírito solidario e de apoio mutuo.

Para obter máis información sobre futuras iniciativas e como apoiar a Asociación CTNNB1, visite o sitio web www.asociacionctnnb1.org ou póñase en contacto a través das redes sociais.

0.096502065658569