Gran éxito de participación nas VI Cegas de Nadal en Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Os grandes vencedores desta edición foron a parella formada por Álex e Héctor
cegas-futbolin-rabade
5 Jan 2025

A localidade de Rábade acolleu onte a VI edición do Cegas de Nadal, organizado pola Peña Futbolín Bola Meiga, consolidándose como un dos torneos máis destacados no calendario deportivo do futbolín.

Os grandes vencedores desta edición foron a parella formada por Álex e Héctor, que se alzaron co título tras unha emocionante final. O segundo posto foi para Javito e Kevin, mentres que o terceiro e cuarto posto recaeron nas parellas de Asier e Joel e Lage e Cobo, respectivamente.

Na segunda ronda de cegas, a vitoria foi para Lolo e Álex Ponfe, seguidos de Cristian e Xoel Iglesias, que acadaron o subcampionato. O terceiro posto nesta categoría foi para Ángel e Marfer, mentres que o cuarto foi para Raúl P e Asier.

O evento tamén destacou polo sorteo do seu Premio Especial Papyrus, outorgado a Diego Rodil, e que consistiu nunha cesta de Nadal.

Ademais, sorteáronse dúas inscricións gratuítas para o esperado XXVI Master de Rábade, no que participarán os xogadores Morandeira, Diego, Ferreira e Ángel.

Con gran asistencia de público e unha notable organización, este torneo reafirma a tradición e paixón polo futbolín na comarca, consolidando Rábade como un referente neste deporte.

0.16840815544128