Gran participación na Festa do Viño de Negueira de Muñiz

Negueira de Muñiz celebrou este sábado a 13º edición da Festa do Viño cunha participación de centos de persoas
Feira viño negueira
16 Abr 2023

Negueira de Muñiz celebrou este sábado a 13º edición da Festa do Viño, celebrada a terceira fin de semana do mes de abril e declarada Festa de Interese Turístico Galego, a festa reuniu a centos de persoas da comarca que se achegaron á localidade para degustar os máis de 200 litros de viño elaborados na zona, así como produtos típicos da gastronomía lucense.

Durante a xornada pudéronse degustar máis de 200 litros destes viños elaborados con uva branca lexítima, verdello tinto ou tinto serodo. Ademais,  a xornada contou co pregón de Manuel Cancio, adegueiro da zona, un mercadiño de produtos de zona e xogos infatís durante todo o día. Para animar a festa as actuacións dos Pampirolos, Tania e o seu acordeón e a orquestra Dominó.

Na festa participaron o deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico e a subdelegada de Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez entre outras autoridades. A subdelegada felicitou ao alcalde, José Manuel Braña, e á asociación de viticultores por "organizar un ano máis esta cita imprescindible que pon en valor as producións e o viño local desta zona da montaña lucense, incluído dentro da Indicación Xeográfica Terras do Navia".

 

 

0.10613989830017