Grandes festas en San Lorenzo de Aguiar na honra da Virxe da Saúde

A parroquia de San Lorenzo de Aguiar prepárase para vivir unha fin de semana chea de celebracións con motivo das tradicionais festas na honra da Virxe da Saúde, que terán lugar os días 24 e 25 de maio de 2025.
O programa dará comezo o sábado 24, cunha misa solemne ás 13:30 h, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Alba. Pola noite, a verbena estará animada pola recoñecida orquestra Los Satélites, que fará bailar a todo o público ata altas horas da madrugada.
O domingo 25 repetirase a misa solemne e a sesión vermú, de novo coa música en directo do grupo Alba.
Para garantir o desfrute sen preocupacións polo tempo, haberá carpa instalada no lugar da festa. Ademais, o evento conta co patrocinio de numerosos negocios locais que apoian e contribúen a manter viva esta tradición.