Greenfiber presentará un recurso fronte á resolución do PERTE

LugoXa
Confían en que o Executivo español poida lograr unha prórroga do prazo e que se valoren as alegacións presentadas por Greenfiber
Render-Detalle-Proyecto-Paisajísto-GAMA-Altri
23 Apr 2025

Greenfiber emitiu un comunicado oficial en resposta ás informacións recentemente publicadas sobre a resolución do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) de Descarbonización Industrial.

Aínda que non recibiu unha notificación formal por parte da Administración, a empresa quixo aclarar a súa postura diante da situación actual do proxecto GAMA, un dos máis ambiciosos en materia de descarbonización do sector industrial.

No comunicado, Greenfiber explica que a súa participación na convocatoria do PERTE realizouse co pleno coñecemento dos prazos establecidos pola Comisión Europea, os cales estipulan que os proxectos seleccionados deben estar completados antes do 31 de marzo de 2026. A empresa sinala que o proxecto GAMA, debido á súa envergadura, non pode axustarse a ese calendario, a menos que o Goberno español logre un acordo coa Comisión Europea para unha prórroga. Tal como se comunicou á empresa, existía a posibilidade de dita prórroga, dado que varios proxectos enfrontábanse á mesma limitación temporal. Sen embargo, Greenfiber afirma que, ata a data, non consta que esa extensión fose aprobada por Bruxelas.

Greenfiber tamén destacou o elevado impacto positivo en termos de descarbonización que tería o proxecto GAMA. Segundo a empresa, o proceso industrial previsto permitirá reducir as emisións de CO2 nun 91% en comparación cos métodos convencionais de produción de pasta e lyocell, especialmente en instalacións non integradas. Ademais, a materia prima, madeira producida localmente en Galicia, procesarase no orixe, o que evitará a súa exportación e reducirá significativamente as emisións derivadas do transporte.

A luz destes argumentos, a empresa confirmou que presentará un recurso fronte á resolución do PERTE, confiando en que o Executivo español poida lograr unha prórroga do prazo e que se valoren as alegacións presentadas por Greenfiber.

Finalmente, Greenfiber reiterou que o seu compromiso co proxecto GAMA mantense firme, independentemente da súa inclusión ou non no PERTE. A axuda solicitada non estaba destinada a cubrir custos operacionais, senón a reforzar a estrutura financeira inicial dunha inversión que supera os 1.000 millóns de euros, marcada polo uso de novas tecnoloxías e un alto grao de innovación. A empresa subliña que o proxecto segue adiante, avanzando en trámites clave como a Autorización Ambiental Integrada, despois de obter en marzo a Declaración de Impacto Ambiental favorable.

A entidade continúa tamén traballando na identificación de outras ferramentas de financiación pública que foron utilizadas no pasado para apoiar proxectos industriais de características semellantes, enfocados na sustentabilidade e a innovación tecnolóxica.

⚙ Configurar cookies
0.15652513504028