Grueira anuncia un investimento para a renovación das ventás e outras melloras no colexio de Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A Xunta xa investira arredor de 10.000 euros para acometer o tapiado das vivendas dos mestres
grueira-educacion-pol
7 Apr 2026

A portavoz do PP de Pol, Nicole Grueira, anunció que a Xunta de Galicia investirá arredor de 30.000 euros en diversas actuacións no colexio do municipio, o CEIP Rosalía de Castro.

A administración autonómica acometerá o cambio das ventás da aula infantil e diversos arranxos nas instalacións da cociña do centro escolar “para corrixir o que o alcalde deixou abandonar ao non atender ao mantemento do colexio que é da súa competencia”, explica a concelleira. Así mesmo, co financiamento da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o centro tiña xa aprobado o proxecto para a ampliación da biblioteca, valorado en preto de 7.000 euros e que será executado nos próximos meses.

Grueira avanza estas actuacións despois de manter unha reunión de traballo coa directora territorial, Sagrario Sánchez, na que lle trasladou a súa preocupación polo “abandono do goberno municipal sobre as súas competencias neste ámbito”.

A falta de mantemento que se evidencia tamén na falta de limpeza dos canlóns de recollida de augas pluviais é só un exemplo da desatención do alcalde ao centro escolar. De feito, “a comunidade educativa sofre a falta do servizo de conserxería, de competencia municipal, por outro capricho de Lino Rodríguez”. Grueira lembra que “o rexedor socialista se negou a debater en Pleno propostas do Partido Popular para cubrir a praza de conserxe”.

A popular pon en valor a implicación do Goberno galego coa mellora das instalacións educativas nos últimos anos coma o arranxo do local da ludoteca, as aulas e o comedor a adecuación do entorno infantil. Recentemente, a Xunta investira arredor de 10.000 euros para acometer o tapiado das vivendas dos mestres, de forma que non se poida acceder a elas, “ante a inacción do alcalde e o risco para a comunidade educativa”, apunta Grueira.

0.12544894218445