Grupo Extra, El Combo Dominicano e Grupo Beatriz estarán nas festas da Milagrosa

LugoXa
O barrio da Milagrosa de Lugo presenta o programa das súas festas que celebran dende o día 29 de agosto
festas-de-vilalba-concerto-combo-dominicano-verbena-6
El Combo Dominicano
12 Ago 2024

O barrio da Milagrosa de Lugo presenta o programa das súas festas que celebran o 29, 30 e 31 de agosto e o 1 e 2 de setembro. O programa comeza o xoves 29 con pregón a cargo de Ana Mar Fraga e Montse González. O recinto feiral inaugurarase ás 21.00 horas e a verbena estará amenizada pola orquestra El Combo Dominicano. O programa continúa o venres 30 coa actuación do Grupo Beatriz e dos Dj Frisco e Marcos Peón.

Xa o sábado será a quenda do Grupo Extra que ofrecerá un concerto de balde.  O domingo haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Galilea e o luns 2 rematan as festas co Día do Neno no que os máis cativos serán os protagonistas. A partir das 16.00 horas haberá inchables de balde para todos os que se acheguen e tamén unha gran chocolatada a partir das 18.00 horas.

festas_a_milagrosa
0.14475607872009