Guldriz inicia cunha churrascada as festas de Santiago

A parroquia de Guldriz, no concello de Friol, vivirá esta fin de semana as súas tradicionais festas patronais en honra a Santiago Apóstolo cun completo programa de actividades relixiosas e musicais.
As celebracións comezarán hoxe, xoves 24, cunha churrascada popular e a verbena a cargo do grupo Fuxsion Latina, que será a encargada de amenizar a primeira noite festiva.
O venres 25, Día do Apóstolo, terá lugar ás 13:15 horas a misa solemne con posterior procesión. Pola tarde-noite, a sesión vermú e a verbena correrán a cargo do Grupo Lume.
O sábado 26 manterase o mesmo esquema co acto relixioso ao mediodía, seguido pola sesión vermú e a verbena, que nesta ocasión estará animada pola coñecida orquestra Tokio, poñendo o broche de ouro a tres días de festa que prometen animar o verán en Guldriz.