Guntín acollerá a XXXI Festa da Terceira Idade o vindeiro 21 de xullo

LugoXa
O evento reunirá aos maiores do municipio cunha comida de confraternidade no Polideportivo do C.P.I. Tino Grandío
Festa-Terceira-Idade-Guntin
15 Jul 2025

O Concello de Guntín celebrará a súa tradicional Festa da Terceira Idade o próximo luns 21 de xullo de 2025 no Polideportivo do C.P.I. Tino Grandío de Guntín.

Esta será a 31ª edición dun evento xa consolidado no calendario municipal, dedicado a homenaxear aos maiores do municipio.

A festa está dirixida a todas as persoas xubiladas do Concello e maiores de 65 anos. Só se permitirá a asistencia de acompañantes no caso de que o requiran por motivos físicos.

A programación comezará ás 14:00 horas cun xantar no propio polideportivo. Para poder asistir, os interesados deberán inscribirse antes do 18 de xullo, ben facilitando o seu nome ao pedáneo ou concelleiro da zona, ou ben chamando ao Concello ao número 982 32 00 01.

O evento promete ser un encontro entrañable e de convivencia para recoñecer a importancia das persoas maiores na vida social e cultural de Guntín.

⚙ Configurar cookies
0.17077898979187