Guntín acollerá un curso de Taiji Quan

LugoXa
Será o sábado día 13 no polideportivo da localidade, e correrá a cargo do profesor Miguel Ángel Rojo. Tamén se pode seguir por Zoom
taiji quan
4 Mar 2021

Guntín acollerá un seminario nacional de Taiji Quan. Será o sábado día 13 no polideportivo da localidade, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 18.30 horas.

O curso, que correrá a cargo de Miguel Ángel Rojo, está organizado pola Asociación de Artes Marciais Orientais na Mariña, coa colaboración do Concello de Guntín. Nel realizarase a Táboa das 12 técnicas de Qi Gong coa súa teoría.

A actividade terá aforo limitado e contará ademais con todas as medidas de protección fronte á covid, como uso obrigatorio de máscaras, emprego de xel hidroalcólico e mantemento da distancia social. Tamén se poderá asistir ao evento de xeito telemático a través da plataforma Zoom.

As persoas interesadas na actividade poden obter máis información na páxina web www.budogalicia.com, chamando ao teléfono 670 249 554 ou no correo electrónico info@taiji-quan.es. O prezo do curso é de 35 euros.

ARTE MARCIAL TERAPÉUTICA

O Taiji Quan é unha arte marcial terapéutica orixinaria da China, que goza de séculos de antigüidade. Combina os movementos marciais con técnicas de circulación da enerxía (Qi), a respiración e o estiramento, polo que a miúdo se define como unha 'meditación en movemento'.

Os seus movementos circulares e fluídos son acordes aos principios filosóficos como o Yin Yang e os 5 Elementos.

curso taiji quan guntín
0.1326310634613