Guntín celebra a IV Festa da Xuventude o 21 de xullo con Panorama, DJs e festa da escuma

LugoXa
O evento contará con actividades infantís, festa da escuma e unha gran verbena co grupo Panorama e DJs Casanova e Marcos Magán
panorama-recurso
15 Jul 2025

O concello de Guntín prepárase para acoller a súa IV Festa da Xuventude o vindeiro luns 21 de xullo de 2025, cun programa cheo de música, diversión e actividades para todos os públicos.

A partir das 18:00 horas, os máis pequenos poderán gozar dunha festa infantil e festa da escuma organizada pola empresa Total Sport.

Xa pola noite, a partir das 23:30 horas, dará comezo a gran verbena, que estará a cargo da recoñecida orquestra Panorama, acompañada por unha sesión de música electrónica cos DJs Casanova e Marcos Magán, que animarán a noite ata altas horas.

Unha cita obrigada para a mocidade e todas aquelas persoas que queiran desfrutar dunha noite de verán chea de ritmo e enerxía en Guntín.

⚙ Configurar cookies
0.17373394966125