Guntín celebra a trixésima edición da Festa da Terceira Idade

LugoXa
Están convidados todos os xubilados do concello e persoas maiores de 65 anos
concello-guntin
23 Xul 2024

Guntín celebra a trixésima edición da Festa da Terceira Idade. A cita será o mércores 31 de xullo no polideportivo do CPI Tino Grandío. Están convidados todos os xubilados do concello e persoas maiores de 65 anos. Poderán traer acompañante só aquelas persoas que o necesiten polas súas condicións físicas.

O programa comeza ás 13.30 horas cun concerto da banda municipal de Guntín no pavillón do colexio como antesala ao xantar que será ás 14.00 horas. Todos os interesados en asistir como convidados deberán dar o seu nome ao pedáneo ou concelleiro da zona antes do 29 de xullo.  Os interesados tamén poderán anotarse persoalmente no Concello ou por teléfono no 982 320 001 tamén antes do 29 de xullo.

0.18620491027832