Guntín celebra a XXII Festa do Pemento de Mougán coa presenza da conselleira do Medio Rural

LugoXa
María José Gómez destacou o potencial do sector hortícola galego e a importancia desta IXP
pemento-de-Mougán-Guntín-2025
31 Aug 2025

O concello de Guntín acolle esta fin de semana a XXII edición da Festa do Pemento de Mougán, unha cita gastronómica que contou hoxe coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez.

Durante o acto, a representante autonómica puxo en valor a relevancia do sector hortícola galego e, de maneira especial, o peso do cultivo do pemento, lembrando que Galicia dispón actualmente de cinco indicacións xeográficas protexidas deste produto, entre elas a de Mougán.

Ao longo da fin de semana está prevista a degustación de máis de 300 quilos de pemento entre os asistentes. A celebración serve ademais para recoñecer o traballo dos produtores desta IXP, que ten a súa área de produción situada no propio municipio de Guntín, convertendo o evento nun escaparate para a promoción e a defensa do produto local.

⚙ Configurar cookies
0.18077683448792