Guntín celebra unha gran festa de Entroido o vindeiro luns
LugoXa
Haberá inchables e merenda, unha actividade ideal para gozar dunha xornada agradable en familia

1 Mar 2025
O luns 3 de marzo, ás 16.00 horas, o Pavillón de Guntín acollerá unha tarde chea de diversión para todas as idades.
Haberá inchables e merenda, unha actividade ideal para gozar dunha xornada agradable en familia.
A entrada será gratuíta para os socios da ANPA, mentres que para os non socios o prezo será de 3 euros.
As entradas para os non socios poderán adquirirse no Concello de Guntín ou no Colexio de Lousada.