Guntín celebrou a Festa da Terceira Idade

LugoXa
Á cita acudiu a conselleira do Medio Rural, María José Gómez que se reuniu cos veciños e destacou a importancia da comunidade e da xuntanza social como instrumento dinamizador
Guntín-Festa-Terceira-Idade
1 Ago 2024

Guntín celebrou, no polideportivo do CPI Tino Grandío, a Festa da Terceira Idade á que acudiu a conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Na cita reunise cos veciños e destacou a importancia da comunidade e da xuntanza social como instrumento dinamizador da convivencia e da calidade de vida no rural.

A titular de Medio Rural tamén se achegou despois, a última hora da tarde, á cita coa mocidade deste concello lucense, na Festa da Xuventude. Nela, Gómez estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Esta cita contou con actividades para os máis pequenos durante a tarde e rematou cunha verbena.

0.18914580345154