Guntín convoca á veciñanza a participar no acto do 8 de marzo

O Concello de Guntín invita a toda a veciñanza a participar no acto conmemorativo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que se celebrará na Casa da Cultura.
A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa benvida aos asistentes, seguida ás 10:30 horas da plantación dunha Árbore pola Igualdade, símbolo do compromiso do municipio coa equidade de xénero.
O evento rematará ás 11:15 horas coa clausura, ofrecendo un espazo para reflexionar, compartir experiencias e seguir avanzando xuntas cara a unha igualdade real e efectiva.