Guntín convoca o proceso para cubrir unha praza de peón
O Concello de Guntín presenta as bases para cubrir, con carácter temporal un posto de traballo.
Así, o Goberno local busca a un peón de limpeza que contratará de xeito temporal por 4,5 meses a xornada completa. Esta contratación pública faráa ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego incluído no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.
O sistema de acceso será concurso-oposición.
Segundo informa o Goberno local os interesados en participar neste proceso deberán dirixir as súas solicitudes á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guntín, e presentaranse no rexistro de entrada deste Concello de luns a venres en horario de 9.00 a 15.00 horas. O prazo de presentación será de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Rematado o prazo de presentación de instancias a Alcaldía ditará resolución na que se aprobe a lista provisional das persoas admitidas e, se é o caso, excluídas, dita resolución publicarase na Sede Electrónica da Corporación, así como no Taboleiro de anuncios do Concello. En caso de que existan exclusións, a Corporación concederá un prazo de 2 días hábiles para que se poidan formular reclamacións ou emendar os defectos que motiven a exclusión.