Guntín e Friol organizan unha andaina contra a violencia de xénero
O próximo sábado, 13 de novembro, os concellos de Guntín e Friol organizan unha andaina popular en contra da violencia de xénero.
Esta terá a súa saída ás 11:00h dende a Igrexa de San Román da Retorta en Guntín con entrega de merchandising e posibilidade de recollida en bus en O Pacio (Friol) para ir á saída.
O fin do traxecto está previsto ás 12.30. horas no local social de O Pacio - Friol, tras percorrer 5 quilómetros polo Camiño Primitivo.
Unha vez rematada a andaina, haberá unha degustación de produtos típicos galegos, acompañado de música e actividades para os/as máis pequenos/as a partir das 13.30 horas e ata as 15.30 cando se dará por rematada a sesión.
Teñen previsto tamén a posibilidade de regreso en bus a San Román da Retorta.
Debido a que as prazas son limitadas, hai que inscribirse previamente no 982 23 80 00 ou no correo info@comarcadelugo.gal.