Guntín mantén abertas as inscricións para a súa primeira carreira popular
O Concello de Guntín e a Fundación Total Sport promoven a I Carreira Popular e a I Andaina no 2024, proba na que pode participar calquera persoa sen distinción de sexo ou nacionalidade baixo as limitacións que establece a R.F.E.A. para carreiras de ámbito autonómico.
A carreira absoluta celebrarase o domingo 29 de setembro ás 12.30 horas con saída e chegada no pavillón municipal de Guntín. Poñerán a disposición dos participantes servicio de duchas e a cita estará controlada polos membros da organización, voluntarios, Protección Civil e Championchip.
Haberá unha andaina de 2,9 quilómetros e 4 carreiras organizadas por categorías de 200, 800, 2900 e 6500 metros. As inscricións, que teñen un prezo de 5 euros, quedan limitadas a 300 participantes e finalizan o 24 de setembro de 2024 ás 22.00 horas. faranse a través da web de CC Norte. Non se admitirán inscricións o día da proba.