Guntín mellora os accesos a Trastulfe, Lence e Seixalbos

O Concello realiza actuacións nas estradas municipais para reforzar a seguridade viaria, facilitar a mobilidade e mellorar a calidade de vida da veciñanza
O Concello de Guntín vén de completar unha nova serie de actuacións de mellora en distintos puntos do municipio. As obras inclúen os accesos desde a N-640 cara aos lugares de Trastulfe e Lence, así como o acceso e núcleo de Seixalbos, na parroquia de Vilamaior.
Estas intervencións supoñen un avance significativo para facilitar a mobilidade, reforzar a seguridade viaria e mellorar a calidade de vida da veciñanza, garantindo comunicacións máis seguras e cómodas para persoas e vehículos en todas estas zonas.