Guntín: Os nacionalistas queren volver á Corporación, de maioría popular
Guntín elixirá o vindeiro 28 aos seus representantes para os vindeiros catros anos de entre tres listas electorais. Durante este mandato o Partido Popular contou cunha maioría absoluta que ven acadando neste municipio dende as eleccións de 1991 e que nas últimas eleccións conseguiu obtendo 9 do total de once concelleiros.
No 2019 os populares, con María José Gómez como cabeza de lista, melloraron os seus resultados con respecto aos comicios celebrados no 2015 nos que obtiveron 7 concelleiros fronte aos 4 do Partido Socialista.
O Partido Popular volve depositar a súa confianza para estas eleccións de 2023 na actual alcaldesa, quen foi o relevo de Jesús Carreira que se mantivo durante 28 anos como alcalde de Guntín de xeito ininterrompido.
A lista dos populares contará cun equipo no que ten un peso especial o sector gandeiro con nove membros da lista titulares de explotacións gandeiras. A candidata popular comprométese a “seguir gobernando na liña na que temos traballado estes catro anos pero, se cabe, con máis experiencia”.
Pola súa parte o Partido Socialista obtivo os seus mellores resultados nas elección celebradas no 2007 onde conseguiu un total de cinco concelleiros, dende entón foi empeorando resultados ata chegar as pasadas eleccións onde conseguiu un total de dous. A agrupación socialista repite candidato para estas eleccións e será José Antonio López Varela co obxectivo de tentar mellorar os resultados acadados na última cita cas urnas.
Pola súa banda, o BNG, que leva sen representación dende o 2007, presenta a Xosé Mosqueira, xubilado do metal, como candidato na procura de recuperar a representación no concello. Para Xosé “Guntín merece unha proposta con confianza nas potencialidades propias e que faga desenvolver este concello, precisamos máis impulso e dinamismo” e agradeceu “a confianza que depositaron en min as compañeiras e compañeiros do BNG para poder encabezar este proxecto, o que estou seguro será a ilusión de moita veciñanza para mellorar Guntín”.
Pola súa parte o Partido Socialista obtivo os seus mellores resultados nas elección celebradas no 2007 onde conseguiu un total de cinco concelleiros.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PSOE
1. José Antonio López Varela
2. Jorge Núñez López
3. José Luis Rodríguez Bodenlle
4. Alejandro Ozores Vigide
5. Damián Quiroga Prado
6. Jesús Arias Ceide
7. Daniel Serafín Novo Rodríguez
8. Manuel López Sangil
9. María Paz Díaz Iglesias
10. Eugenio López Vázquez
11. Javier Caldas Díaz
Suplentes
1. Florencio Fernández Veiga
PP
1. María José Gómez Rodríguez
2. Verónica Vilela Coto
3. Vidal López Rodríguez
4. Olga López García
5. José Vázquez Barreiro
6. María Teresa Estévez López
7. José Luis López Fernández
8. Juan Carlos López López
9. Ángel Pérez Rodríguez
10. José Alberto López Quiroga
11. María Lamazares Álvarez
Suplentes
1. José Manuel Rodríguez García
2. María Begoña Pérez López
3. Alejandro González Barrio
4. Antonio Rodríguez Gandoy
5. José Manuel Blanco Santos
BNG
1. Xosé Mosqueira Álvarez
2. María Rodríguez Seijas
3. José Luís Fernández Conde
4. Carme Lucas Domínguez
5. Manuel Pajón Barrio
6. Lucía Gómez Quintas
7. Uxío Souto Castro
8. Pascuala Mª Dorado Fernández
9. María José Rodríguez Rodríguez
10. María Sabela Vilela Carreira
11. Alfredo Liz Bustos